Casaio volvía converterse, por quinto ano, nun referente do trail galego. Esta localidade de Carballeda de Valdeorras acollía unha nova edición do San Xil Casaio Andaina e Trail ao longo da mañá do 26 de setembro coa participación dun total dunhas 180 persoas nas súas diversas modalidades.
Deles 20 participantes realizaba a proba máis dura, o Trail longo, que contaba con 34 km e 2.400 de desnivel positivo, subindo ata o pico Maluro. “Son poucos participante debido, talvez, a que os dous anos anteriores ben pola prohibición da administración ou polos incendios tívose que improvisar un percorrido no cal contaba con moitos quilómetros de pista, o que non gusta moito no mundo das carreiras por montaña”, explican dende a organización. Nesta edición apostábase por un percorrido moi montañeiro “do cal distrutaron moito todos os participantes destacando a espectacularidade do trazado e a paisaxe e como non da dureza deste”, engaden.
O ganador da proba era Daniel Prada Álvarez (C.D. Cueto del Oso), quen completaba o trazado cun tempo de 04:18:20. Despois entraba Breogán Baptista (Club Peña Trevinca Barco) e, na terceira posición, Alfredo Núñez (Carinn). A primeira muller era Ana Belén Rubio.
En canto ao Trail curto, había división de opinións polo novo trazado máis curto e máis duro, pero si se percibía unanimidade sobre a espectacularidade do trazado e as súas paisaxes. Nesta carreira impoñíase Roberto Anta (do C.D. Atlético Aguzo), cun rexistro de 02:01:53, mentres que en segunda posición quedaba Raúl Rodríguez e na terceira o barquense Jesús Rodríguez León.
En categoría feminina, en primeiro lugar entraba Beatriz Ortega, despois María del Carmen Álvarez (Club Box 001 Ourense-Run Maniak) e de Olalla Prado (Viva o Monte).
No referente ás andainas, a cita rexistraba unha participación moi parecida a anos anteriores e os participantes “desfrutaron e sufriron a partes iguais sendo recompensados cunha boa festa post carreira”, indican os promotores.

A proba transcorría “con normalidade e cabe destacar que estivo a piques de ser suspendida pola aparición dun niño de velutina no mesmo trazado nunha das zonas de maior dificultade, pero que voluntarios da organización conseguiron desviar aos participantes por un tramo apartado e poder seguir co desenvolvemento da proba”, informa a organización.
Ademais, para este evento deportivo, que se desenvolve nos montes de Casaio e que constitúe xa un referente, a organización contaba con máis de 50 voluntarios, incluíndo voluntarios de agrupacións de Protección Civil de Manzaneda Petin A rua Villamartín, O Barco e GES da Veiga, ademais da Cruz Vermella.
Esta proba deportiva estaba organizada polos membros da CMVMC dá serra de Casaio e Lardeira e Roteiros Xanzá.
Fotos cedidas.
