ConcellosManzanedaÚltima hora

A rapazada de Manzaneda e Chandrexa descobre “O castiñeiro do Apalpador”

 

Ás tradicións galegas vinculadas ao Nadal achegábanse os nenos e nenas de Manzaneda e Chandrexa de Queixa na tarde do 29 de decembro. Asistían ao espectáculo “O castiñeiro do Apalpador”, de Fantoches Baj, unha representación na que tamén cobraban protagonismo os monicreques.

A actuación, que se desenvolvía no Centro de Día de Manzaneda, está incluída no Nadal en Rede da Rede de Dinamización Lingüística da Xunta de Galicia. Ademais tamén ía acompañada dunha petiscada para os asistentes.

Fotos cedidas.

 

Artigos relacionados

Back to top button