ConcellosManzanedaÚltima horaVídeos

A residencia de maiores “Gabino García” de Manzaneda cumpre 25 anos

 

Neste luns 1 de xullo a residencia da terceira idade “Gabino García” de Manzaneda está de aniversario. Cumpre un cuarto de século e para celebralo tanto o persoal como os residentes vivían unha xornada moi especial.

 

O programa festivo comezaba cunha misa ás 12h. e despois os residentes gozaron dun xantar moi especial. Ademais ás 15h. tiña lugar un xantar de confraternación entre todo o persoal da residencia e do Concello, coa presenza tamén do alcalde, Amable Fernández. Despois, facíase facíase entrega dunha placa polos seus 25 anos de servizo ao persoal que está no centro dende a súa apertura: Asunción, Milagros, Secundino, Mario, Manola, Marisa e Mila.

 

 

E como non hai festa que se precie que non teña música, tampouco nesta celebración faltaba, primeiro cun concerto dos acordeonistas locais “Airiños da Porta Falsa” e, deseguido, viña música pinchada que facía bailar aos maiores.

Fotos e vídeos cedidos.

 

Back to top button