CulturaCulturaÚltima hora

A Romaría Raigame feita imaxes

Abre as súas portas a mostra “Estampas dunha romaría” no Concello de Celanova, nun acto no que tamén se entragarán os premios deste certame fotografía desta celebración
"O home das fotos", de Manuel Blanco Guerra, unha das imaxes premiadas.
“O home das fotos”, de Manuel Blanco Guerra, unha das imaxes premiadas.

En novembro en Celanova e, de seguido, en decembro no Centro de Cultura Popular Xaquín Lorenzo-Escola de Danza, da Deputación de Ourense. A exposición de fotografía “Estampas dunha romaría” chega ao público. Nela reúnense os traballos presentados ao concurso que cada ano, o 17 de maio, organiza a Romaría Etnográfica Raigame en Vilanova dos Infantes-Celanova, con motivo do día das Letras Galegas.

A mostra, que forma parte da programación do Outono Fotográfico, inaugurarase o 1 de novembro ás 12.00h. na Sala dos Arcos do Concello de Celanova. Neste mesmo acto ademais farase entrega dos premios do concurso de fotografía da Romaría Etnográfica Raigame. Así o Premio á mellor serie fotográfica (dotado con 500 euro) correspondíalle ao traballo titulado “O home das fotos” de Manuel Blanco Guerra, do Carballiño-Ourense.

O primeiro Premio á mellor fotografía (300 euros) foi o traballo titulado “Paraugas” de José Ángel Paz Gil, de Cangas do Morrazo-Pontevedra. No caso do segundo premio (250 euros), éste recaía en “Zocos” de Ana Iglesias, de Ourense; e o terceiro (200 euros) na fotografía titulada “Lembranzas” de Isabel Janeiro Touriño, do Carballiño-Ourense.

"Paraugas" de José Ángel Paz Gil, premio á mellor fotografía.
“Paraugas” de José Ángel Paz Gil, premio á mellor fotografía.

Asemade, segundo se indica dende a CCP Xaquín Lorenzo, o xurado acordaba outorgar mencións especiais e accésits, pola creatividade, orixinalidade e singularidade amosadas nas súas propostas (consistentes na selección para a exposición “Estampas dunha” romaría dentro da programación do Outono Fotográfico) aos traballos de: Luis Alberto Prieto Arias de Ourense, pola súa serie “Grazas cesteiro”; Manuel Pazos Vázquez de Marín-Pontevedra, pola súa serie “Cantar Cantarei”; José Ángel Paz Gil de Cangas do Morrazo-Pontevdra, pola súa serie “Xeracións, a alma dun pobo”; Ana Iglesias de Ourense, pola fotografía “Fiandeiras”; Breogán Rodríguez Ramos de Xinzo-Ourense, pola fotografía “Maneira de vivir”; Luis Alberto Prieto Arias de Ourense; Isabel Janeiro Touriño do Carballiño-Ourense, pola fotografía “Zoca”; Noelia Pilar Álvarez Padrón do Carballiño-Ourense, pola fotografía “Fotografía nas mans da experiencia”; José Manuel Nóvoa Blanco de Ourense, pola fotografía “Enmarcado no traballo”;
Manuel Blanco Guerra do Carballiño-Ourense, pola fotografía “O home orquestra” e a María Ascensión Rodríguez Nóvoa do Carballiño-Ourense, pola fotografía “A tía e a súa irmá”.

Artigos relacionados

Back to top button