OurenseÚltima hora

A Rúa, entre os municipios que acollerán actos da vindeira “Ourense ICC Week”

A Semana das Industrias Culturais e Creativas de Ourense do 2020 desenvolverase tamén na capital da provincia, Ribadavia e Nogueira de Ramuín
Manuel Baltar na reunión cos coordinadores da “Ourense OCC Week”.

 

Do 1 ao 5 de abril do 2020 celebrarase a “Ourense ICC Week” 2020. Con ela a provincia volverá a converterse en punto de encontro para as industrias culturais e creativas. O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, vén de reunirse no Pazo Provincial cos coordinadores da “Ourense ICC Week”, Juan Rivas e Manuel Araújo, e co asesor de Cultura da Deputación, Aurelio Gómez Villar, para fixar as datas de celebración da vindeira edición, determinar os espazos nos que se desenvolverán as actividades e avanzar na programación.

Nesta vindeira edición esta Semana das Industrias Culturais e Creativas de Ourense desenvolveranse na capital da provincia, Ribadavia, A Rúa e Nogueira de Ramuín, convertendo a estes municipios ourensáns nos lugares de reunión para centos de emprendedores, expertos e creativos.

A “Ourense ICC Week”, que organiza anualmente a Deputación de Ourense, está consolidada como “un referente nacional de vangarda e tendencias nas disciplinas creativas”, en palabras do presidente do goberno provincial para quen “toda a provincia debe sentirse protagonista deste marco cultural e creativo nacional, razón pola que Valdeorras, Ribadavia, a Ribeira Sacra, xunto coa capital termal de España, serán a localización perfecta para un encontro único”.

Na súa anterior edición a “Ourense ICC Week” 2019 citou en Ourense a referentes de diversos sectores creativos e culturais como Ágatha Ruiz de la Prada, Purificación García, Adriana Domínguez, Iker Jiménez ou Kiko Veneno.

Artigos relacionados

Back to top button