
O outono chega a Valdeorras cargado de aromas, cores e sabores únicos. A Ruta do Viño de Valdeorras convida a gozar desta estación cunha nova edición de “Sabores de Outono”, unha experiencia sensorial que combina o viño, a gastronomía e a paixón pola terra valdeorresa.
Guiada pola enóloga Cecilia Fernández, a actividade propón descubrir tres viños da Denominación de Orixe Valdeorras, maridados con produtos de tempada en dous escenarios con encanto, ideais para gozar do enoturismo cos cinco sentidos.
A primeira cita será o 13 de novembro, ás 20:00 horas, en Esconditte Inglés (A Rúa), coa participación das adegas A Bágoa, D’Berna e Terriña.
Os asistentes poderán degustar:
• Solombo de porco con crema de castañas
• Champiñóns recheos de xamón serrano e queixo
• Queixo brie ao forno con mel e pistachos
A segunda cita terá lugar o 28 de novembro, ás 20:00 horas, en Aloxamento A Pontevella (Sobradelo), coas adegas Pinguela, Sampayolo e Casal.
A maridaxe incluirá:
• Xabaril en caldeirada
• Croquetas de corzo ou xabaril
• Empanada de cogomelos
O prezo da experiencia é de 12 euros por persoa, e as inscricións poden realizarse a través do formulario dispoñible na web oficial: www.rutavinovaldeorras.com
