OurenseÚltima hora

A sala de concertos “A Arca de Noe”, en Vilar de Santos, celebra o seu sexto aniversario

Con motivo da conmemoración, realizaranse varias actividades culturais e gastronómicas o vindeiro 1 de agosto

A sala de concertos “A Arca de Noe”, no concello ourensán de Vilar de Santos, celebra o seu sexto aniversario o vindeiro 1 de agosto. Para celebralo, a sala ten previsto unha axenda de diversas actividades culturais e gastronómicas que darán comezo ás 13:00h na carballeira do Espazo Carabuíñas.

As entradas deberán reservarse antes do 30 de xullo e terán un prezo estándar de 10€ con desconto de 5€ para nenos. O pase inclúe comida, unha bebida e o acceso ao recinto e pódense reservar xa no Facebook da sala (https://www.facebook.com/ArcaDaNoe/) ou contactando vía WhatsApp ao teléfono 699486282. A organización velará polo cumprimento de todas as medidas hixiénico-sanitarias, froito da pandemia do coronavirus.

Programa de actividades

13h Foliada con vermú.

15h Comida: cusus con opción vegana e hamburguesas de cogomelos.

17h Contos con Raquel Queizás e raposadas para nenos.

19h Concerto de As Xingras da Arca.

20h Concerto de Tiruleque.

 

Cartel promocional da actividade. / Foto: cedida.

 

Artigos relacionados

Back to top button