EconomíaEconomíaEn portadaÚltima hora

O CCA presenta unha innovadora e completa campaña de Nadal cos nenos como protagonistas e co sorteo de 4 cestas de Nadal

Casiña de Papá de Noel na praza do Concello./ Foto: A.R.

 

Con múltiples e interesantes novidades e cun programa moi completo a Asociación Centro Comercial Aberto (CCA) O Barco pon en marcha a súa campaña de Nadal co fin de dinamizar a actividade comercial da vila. Desenvolverase do 19 ao 28 de decembro e do 3 ao 4 de xaneiro. Así, os días 19, 20 e 21 de decembro entre as 11h. e 13:h. repartiranse, tanto nos comercios asociados como entre a xente da rúa uns flayers con toda a programación da campaña de Nadal.

Ademais desde o día 19 e ata o día 23 de 17h. a 20h. a casa de Papá Noel do CCA, que se situará na praza do Concello, abrirá as súas portas para que os máis pequenos poidan deixar as súas cartas. Entre todas as familias que as depositen sortearase un vale de compra por valor de 100 euros para investir nos comercios asociados.

O venres 22 e sábado 23 de decembro chegará Papá Noel á Praza do Concello para instalarse na súa casa de Nadal, en horario de 11:00 a 13:30 horas e de 17:00 a 20:00 horas. “Todo o que queira poderá achegarse ata alí para sacarse unha foto gratuíta no noso fotomatón”, destacan dende o CCA, que preside Jacobo Arias.

Tamén haberá actividades para os nenos en idades comprendas entre os 5 e 12 anos, que serán as seguintes:

– Día 22 de decembro de 11:00 a 13:30h. taller de manualidades que será impartido por O Mundo de Popitas.

– Día 23 de decembro de 11:00 a 13:30h. taller de manualidades a cargo de O Mundo de Popitas e de 17:00 a 19:30 horas realización dun centro do Nadal a cargo de Almacéns Pote.

– Día 26 de decembro de 11:00 a 13:30h. xogos amenizados por catro monitoras e de 17:00 a 19:30 taller de repostería a cargo de Pastelería A Casiña

– Día 28 de decembre de 11:00 a 13.30 h.  xogos a cargo de catro monitoras e de 17:00 a 19:30 horas circuíto de bicicletas a cargo de Obike.

– Día 3 de xaneiro de 11:00 a 13:30h. taller de debuxo coa axuda de Orde Caos e de 17:00 a 19:30 taller de cociña a cargo do Asador de Viloira.

– Día 4 de xaneiro de 11:00 a 13:30h. taller de debuxo dirixido por Orde Caos.

“Para participar necesitarase unha inscrición previa que irá acompañada de un tícket de compra superior a 5 euros por cada taller dun dos comercios asociados. A inscrición abrirase desde o día 1 ata o día 21 de decembro e realizarase en Autoescola Valdeorras en horario de 10:00 a 13:00 horas e de 16:00 a 18:00 horas. As prazas son limitadas”, explican dende o CCA.

Sorteos de 4 cestas de Nadal

Tamén se sortearán catro cestas de Nadal, con artigos, produtos e vales de compra doados polos comercios asociados. Desde o día uno de decembro e ata o día 21 os clientes cubrisen os seus tícketsde compra co seu nome, apelidos e número de teléfono; quedarán gardados no comercio que fixesen a súa compra e serán levados á urna do Centro Comercial Aberto (CCA).

Tanto os regalos doados como a urna estarán expostos ao público nun escaparate céntrico da localidade do Barco. O sorteo realizarase o venres día 22 a as 12h. da mañá no local onde estará exposta a cesta.

Artigos relacionados

Back to top button