En portadaÚltima hora

A presentadora da TVG e cantante Fátima Pego presentará a Pasarela de Moda do CCA O Barco

Un total de catorce establecementos participan no evento que se celebra o sábado 5 de abril

Acróbata Reyna.

 

A Pasarela de Moda, organizada pola asociación Centro Comercial Aberto (CCA) O Barco, segue cumprindo anos e faio atraendo a numerosos clientes do comercio de proximidade co obxectivo de promocionar o sector barquense. O evento, que se celebrará o sábado 5 de abril na rúa Academia Dequidt do Barco de Valdeorras, será presentado por Fátima Pego, cantante e presentadora da TVG. Xunto a ela tamén estará a Acróbata Reyna e Dj Dani Argü.

Desde as oito da tarde, máis dun centenar de modelos de todas as idades, veciños e veciñas da zona e de fóra da comarca, subiranse á pasarela coas novidades do sector téxtil e complementos da tempada primavera/ verán 2025. En total, serán catorce comercios asociados ao CCA O Barco os que se suman ao evento: Pizpireta, Doce Ópticos, Baamonde, Miranda X, Eneska, N37, Garoba, Can-Can, Ana óptica e Montglam en moda e complementos de adulto; e Casabella, Koki, e O Bambán dos Sorrisos que incluirá tamén os complementos de Modas Toño, en moda e complementos infantís.

 

A presentadora da TVG e cantante galega Fátima Pego.

 

O desfile farase en dous pases diferentes. Primeiro empezarán as tendas infantís e tras finalizar estas farase unha homenaxe aos ex presidentes que pasaron polo Centro Comercial Aberto (CCA). “Tamén poderemos ver a Fátima Pego na súa faceta como cantante xa que nos deleitará cunha actuación xunto coa Acrobata Reyna que aproveitará para facer un pequeno espectáculo”, indican dende a organización. Despois continuará o desfile coas tendas de adultos onde todos os espectadores poderán gozar das novas coleccións de moda e complementos que levarán esta primavera/ verán.

Para terminar e tras a despedida da presentadora, haberá unha “fantástica tirada de globos a cal levará un gran premio, xa que un dos globos portará un vale de 500€ para gastar nos establecementos asociados”, din adiantan dende o CCA, engadindo que o evento estará amenizado por Dj Dani Argü que se encargará de que todo o mundo goce da música e pase unha tarde entretida.

 

Dj Dani Argü.

 

A Pasarela, unha das accións máis importantes do programa de actividades do CCA O Barco, está subvencionada pola Deputación de Ourense e pola Xunta de Galicia e conta coa colaboración e o apoio do Concello do Barco.

Fotos cedidas polo CCA O Barco.

Artigos relacionados

Back to top button