Ata San Xoán de Río desprazábase esta mañá a secretaria xeral do PPdeG, Paula Prado, quen mantiña un encontro co seu alcalde, Xosé Miguel Pérez, no que tamén participaron a secretaria xeral provincial, Sandra Quintas, os integrantes do grupo municipal e outros representantes do PP na provincia e na comarca.
Nesta visita, Prada referíase á importancia que ten para o futuro da Comunidade e do seu rural, o feito de que os concellos teñan capacidade para ofrecer servizos, atraer investimentos e xerar emprego no territorio. “A xente ten que poder vivir no rural e do rural”, explicou poñendo como exemplo a seguir o caso de san Xoán de Río, no que “pese a ter apenas 500 habitantes, conta cun centro social onde os veciños poden realizar actividades, cun novo establecemento de hostalaría para atraer turismo, cun centro de saúde, cunha Casa de Maior e con moitos outros servizos a disposición dos seus veciños”.
Fotos: Carlos G. Hervella.