Cunha serie de intervencións de expertos nas máis variadas temáticas astronómicas desenvolvíase a segunda xornada de AstroTrevinca na Veiga neste sábado 15 de setembro.
Impartíanse conferencias sobre como “Arqueoastronomía, o ceo no pasado” da man de Pablo Martínez, “Astrotimelapses, fotones en movimiento” de Alfredo Madrigal, “Astronomía para influencers” con Marta Fernández, e xa pola tarde tras un xantar nas Chairas, “Ligar con astronomía” con Borja Tosar, “A astronomía de de Julio Verne” con Óscar Blanco e “Fotografia nocturna e astropaisaxe” con Fernando Cabrerizo.
Ademais ás 22h. estaba prevista unha observación nocturna do ceo de Trevinca dende o miradoiro estelar da Tablilla.
Fotos: Verónica Vieira.
Máis información e fotos:
https://osil.info/astrotrevinca-reune-a-case-cen-persoas-na-sua-quinta-edicion/