ConcellosQuirogaÚltima hora

A singular proposta do III Qui-Medo congregaba a mil persoas en Quiroga

 

O III Qui-Medo, unha singular ruta polo medio de Quiroga que se enmarca na celebración do Samaín, reunía onte a uns 100 voluntarios.

Trátase un evento distinto e orixinal, é un roteiro polo medio de Quiroga, no cal houbo 8 casas Con distintas temáticas: inferno, psiquiátrico, o pozo, lendas do terror, o convento, o circo, un matadoiro e un laboratorio zombi. Á vez, polos canellóns, había figurantes que asustaban aos participantes… Aspiramos a şer un referente do terror galego, foi a terceira edicion, e crecemos de maneira exponencial respecto a as döş anteriores”, explican os promotores da iniciativa.

Houbo unha gran festa infantil ás 19.30h. ata pouco antes da saída.

A andaina durou desde as 22.00 ata case a unha da madrugada e remataba a noite cunha discoteca móbil no pabellon. Dende a organización agradécese o labor dos volutarios, a asistencia aos participantes e o apoio do Concello de Quiroga.

Fotos cedidas.

Artigos relacionados

Back to top button