EconomíaEconomíaÚltima hora

A tapa ganadora do XIII Val de Quiroga de Tapas darase a coñecer tras o pregón da Feira do Viño

 

O Concurso XIII Val de Quiroga de Tapas xa ten ganadores. Esta mañá no Concello de Ribas de Sil abríanse as urnas nas que estaban depositados os votos de todos os participantes neste certame que se desenvolveu entre o 4 e o 14 deste mes de abril e que rexistra, unha vez máis, unha notable participación.

No reconto de votos participaban os rexedores de Ribas de Sil, Roberto Castro, e de Quiroga, José Luís Rivera; así como o concelleiro de Xuventude quirogués, Luis Manuel Arias, e a delegada na zona sur da Asociación Provincial de Empresarios de Hostalería e Turismo de Lugo (APEHL), Beatriz Vila.

Este ano participaron neste concurso dez establecementos, seis de Quiroga: O Portón (Delicias do Portón), A Botica (Arroutada), Chapacuña 3 (Chipi, chapa, choco), Matrioshka (Raviolis caseros con salsa San Simón), Lago (Lagoyaki de pulpo) e Ruxe-Ruxe (Terra sacra e lume); e e catro de Ribas de Sil: A Cabina (solomío, solo tuyo), Las Vegas (Trampantojo), Restaurante Praia Fluvial (A perla negra) e Mesón Luís (A voltas co churrasco).

 

 

 

O establecemento gañador do reconto de votos que se facía esta mañá darase a coñecer o vindeiro sábado tras o pregón da Feira do Viño, cando se lle faga entrega dunha placa conmemorativa e 100 € en metálico.

Pero ademais os tapacartóns depositados nas urnas polos participantes que completaron a degustación das tapas entraron nun sorteo no que podían gañar diferentes premios, dende 200 € ata comidas ou cestas con produtos típicos da zona.

Tanto os representantes de cada concello como a representante da hostelaría cualificaron o concurso de éxito e destacaron a cantidade de veciños e visitantes que moveron durante a súa duración polos establecementos participantes.

Back to top button