O Entroido quenta motores en Manzaneda. Bombos, cornas e aixadas soaban ao escurecer de onte venres no casco antigo da vila medieval de Manzaneda, acompañados pola danza das Mázcaras.
Membros, principalmente, do fulión da parroquia de San Martiño facía unha saída especial con motivo da visita de representantes da televisión pública valenciana, Á punt, que se documentaban para un programa e tomaban imaxes desta tradición propia do Entroido de Manzaneda.
Fotos e vídeos O SIL.
