Hai un ano comezaba a funcionar cunha nova proposta en moda feminina e complementos no número 17 da céntrica avenida Conde Fenosa do Barco. MONTGLAM, un proxecto familiar, impulsado pola emprendedora Montse Fernández, cumpre un ano de vida neste 25 de marzo.

Para celebralo, o establecemento engalanábase e compartía esta conmemoración cos seus clientes aos que agasallaba con diversos petiscos e bebidas, así como con descontos e un sorteo. O proxecto de MONTGLAM continúa con ilusión achegando a Valdeorras moi diversas e interesantes propostas en roupa e complementos: dende roupa casual feminina ata vestiario para eventos e festas.
Fotos: A.R.
