CulturaCulturaEn portadaMúsicaÚltima horaVídeos

A tradición do Pandigueiro, a música e o baile protagonizan o Nadal de Manzaneda

 

Entre cantos e bailes tradicionais festexaba o Nadal na tarde do 28 de decembro Manzaneda. O Centro de Día da vila acollía unha serie de actuacións das pandereteiras Quinchousa Oscura, a asociación de baile A Pinguela grupo de gaita e percusión.

 

 

Ademais, tras os ritmos tradicionais, chegaba unha visita moi especial: o Pandigueiro, un personaxe mítico do Nadal no Macizo Central Ourensán, que saudaba e agasallaba, especialmente, aos máis pequenos. Para a súa parada en Manzaneda contábase coa colaboración da Cooperativa Amarelante.

Fotos e vídeos cedidos.

 

 

Artigos relacionados

Back to top button