ConcellosO BarcoÚltima hora

A valdeorresa Bianca García del Pont, unha das ganadoras do concurso galego de debuxo “Eu tamén son diferente”

O debuxo desta alumna do CEIP Julio Gurriarán do Barco era o mellor valorado na categoría de 9 a 10 anos

 

Entre os alumnos galardoados nos premios do concurso galego de debuxo infantil “Eu tamén son diferente”, que promove a marca de galletas Maruxas de Nata de San Sarduniño, estaba Bianca García del Pont, do CEIP Julio Gurriarán do Barco. Esta nena valdeorresa, con orixes en Quiroga, ganaba o certame na categoría de 9 a 10 anos. Os premios entregábanse onte na Casa da Cultura de San Sarduniño. Este certame busca concienciar sobre a inclusión social das persoas con necesidades especiais ou con calquera tipo de discapacidade, sobre todo a das nenas e nenos.

De feito, as Maruxas son as galletas preferidas de Valentina, a nena con síndrome de down que quere ser trapecista e que protagoniza o filme producido e dirixido por Chelo Loureiro, Premio Goya 2022 á mellor película de animación. Loureiro estaba presente na entrega de premios e mesmo levaba o seu Goya, co que podían fotografarse os cativos.

 

 

Os outros dous ganadores foron Bruno Melchor Embade, do colexio Valle Inclán, de Ferrol, e Sara Ferreira Méndez, do CPI de San Sadurniño. Ademais dos seus traballos, o xurado (que estivo formado por David Pintor, ilustrador de Valentina; Leandro Lamas e Elga Fernández) escollía outros dezaséis como finalistas. Todos eles forman parte dunha mostra que poderá visitarse nos próximos días na Casa da Cultura de San Sarduniño.

Fotos cedidas.

 

 

Artigos relacionados

Back to top button