Elección galegas 18F - 2024PolíticaÚltima hora

A valdeorresa Mercedes González, cabeza de lista por Ourense de Sumar Galicia

Mercedes González.

 

Unha valdeorresa encabezará a lista da plataforma Sumar Galicia ás vindeiras eleccións galegas na provincia de Ourense. Trátase da barquense Mercedes González Pazos, funcionaria da Xunta e delegada sindical de CCOO.

Primeiros postos da candidatura de Sumar Galicia por Ourense

1. Mercedes González Pazos (O Barco de Valdeorras). Graduada en Educación Social e Mestrado en intervención multidisciplinar en contextos educativos pola UVigo. Funcionaria da Consellería de Medio Rural e delegada sindical.

2. María Gago Delgado (Verín). Administrativa no sector privado. Activista contra abusos bancarios e contra a crise climática.

3. María do Pilar Barros Barco (O Carballiño). Licenciada en Bioloxía pola Universidade de Santiago de Compostela e Doutora en Ciencias Ambientais.

Candidatura completa

 

Artigos relacionados

Back to top button