
A localidade de Caxide, no concello de Parada de Sil, moi dinamizado en torno ao local social e coa presenza de novos poboadores, unha familia cubana, unha colombiana e unha veciña máis, tiña unha fin de semana animada.
As festas patronais prolongáronse ata o domingo onde procesionou o Santo Domingo cunhas novas andas do século XVIII por primeira vez dende fai moitos anos, “xa que estaban moi deterioradas e grazas a unha doazón a restauradora ponferradina Gloria Fernández que rexenta un taller de restauración e arte nesa localidade que fixo unha auténtica obra de arte, a dicir da veciñanza”, aseguran dende a comisión. Durante a procesión e a misa escoitábase o repique de campás a cargo de Agapito Magide, veciño do pobo.
Unha vez rematados os actos litúrxicos, tiña lugar unha sesión vermú animada polo grupo Os Trabazos e xa pola tarde as tradicionais partidas de tute e subastado e logo festa de oito a dez para que a xente que traballa maña poida retirarse e desprazarse a súa lugar de orixe con comodidade.
A comisión de festas xa está a preparar as do vindeiro ano coa mesma ilusión e gañas de sempre, o que os veciños agradecen.