ConcellosRubiáÚltima hora

A veciñanza de Quereño (Rubiá) organiza unha recollida solidaria para os afectados pola DANA

Cedida.

 

Continúan xurdindo iniciativas solidarias en Valdeorras para apoiar ás persoas damnificadas pola DANA no leste de España. A Asociación de Veciños de Quereño vén de anunciarse que se realizará unha recollida benéfica na Casa da Cultura da localidade durante o domingo 3 de novembro e o 4 de novembro.

Ademais concrétase que o material que se recollerá, por orde de necesidade, é o seguinte: roupa de neno, roupa interior, roupa de abrigo (chaquetas, mantas), pañis e leite para nenos, ademais de máscaras e medicinas básicas.

 

Back to top button