ConcellosManzanedaÚltima hora

A veciñanza de San Miguel (Manzaneda) limpa o pilón da aldea e solta peixiños nel

 

Nesta fin de semana a veciñanza de San Miguel (Manzaneda) xuntábase para limpar o pilón da aldea, que din hai 20 anos que non se limpaba. “Estamos encantados de que o pilón volva recobrar vida e, que mellor forma, que cuns peixiños para que a xente do pobo e tamen os visitantes poidan disfrutar dun rato agradable mirando para eles”, explican os veciños.

 

 

Os veciños procedían ao baleirado do pilón, sacábanse area e pedras do seu interior, entre outros tipo de materiais, e tamén se lle colocaba unha illa elaborada con pedras no medio para que os peixen teñan un lugar onde poder agocharse do sol durante o verán.

Fotos cedidas.

 

Artigos relacionados

Back to top button