En portadaÚltima hora

A XIV Ruta de Pinchos do Barco, todo un recital de delicias que chega á súa fin

 

Despois de nove días despregando un variado, orixinal e saboroso abano de propostas culinarias, a XIV Ruta de Pinchos do Barco chega a súa fin na xornada deste 17 de xaneiro, sendo o mellor limiar para a Festa do Botelo que se celebrará mañá sábado.

 

“Pincho” do Asador Vila do Castro.

 

Así, entre o 9 e 17 de xaneiro un total de 34 establecementos de hostalaría do municipio, 13 máis que na edición anterior, lograban conquistar os padais das numerosas persoas que os percorrían para probar os seus variados e deliciosos petiscos, cada un deles a un prezo de 3 euros.

 

Pincho do Pazo do Castro.

 

Nesta derradeira xornada, achegamos un percorrido por algúns dos establecementos participantes nesta edición, entre eles os da vila do Castro: o Asador Vila do Castro  co seu Medallón do Castro e o Pazo do Castro coa súa “Fajita de cochinita pibil, setas de cardo y queso de tetilla”.

Despois, a ruta continuaba na vila do Barco polo Skandalo co seu “Amor a primera mordida”, por El Ancla coa súa “Arepa Mar o Tierra”.

 

Pincho do Café Restobar El Ancla.

 

Outras suculentas propostas eran a “Coxinha de pollo (croquetón)” do Café Bar Quinca  e a “crepe rellena de zorza y huevo” da Cociña do Lar.

 

Pincho do Café Bar Quinca.

 

Por outra banda o Piquiño servía o seu “Bocado César”, A Cova da Capitana o “Bao ó caldeiro” e La Pampa o “Pampi Pork”, así como o Barbudos o seu “Falso Desayuno”.

Fotos: O SIL.

 

Pincho do Piquiño.

 

Pincho do Barbudos.

 

Artigos relacionados

Back to top button