EconomíaEconomíaÚltima horaViticultura

A XLII Feira do Viño de Quiroga celebrarase do 30 ao 31 de marzo

Imaxe da anterior edición da Feira do Viño de Quiroga./ Foto: Carlos G. Hervella.

 

A XLII Feira do Viño de Quiroga xa ten data confirmada, será o 30 e o 31 de marzo. O primeiro paso para a organización do maior evento do Concello de Quiroga é o de fixar a data que se mantén na Semana Santa dende hai máis de trinta anos, posto que nos seus comezos no ano 1980 celebrábase durante a festividade do San Martiño, patrón da vila quiroguesa.
E xunto coa confirmación da data tamén se presentou a primeira novidade dun evento que reunirá por terceiro ano ás adegas da subzona Quiroga- Bibei, un concurso para escoller o cartel anunciador deste evento. O concurso daralle ao gañador 300 € como premio.

A máis de dous meses da Feira aínda non son moitos os detalles feitos públicos, pero a partir de agora iranse coñecendo máis actividades organizadas con motivo da maior celebración da vila quiroguesa e que cada ano atrae a milleiros de persoas.

Artigos relacionados

Back to top button