DeportesÚltima hora

A xuíza de atletismo ourensá Mercedes Diéguez, Bronze Level Walking, no panel internacional da World Athletics

 

A ourensá Mercedes Diéguez vén de ascender dentro do panel internacional da World Athletics, que conta con tres niveis: ouro, prata e bronce. En concreto, esta xuíza de atletismo vén de conseguir o Bronze Level Walking. Isto significa que poderá participar como xuíza internacional nas probas de ámbito estatal.

Para que estas probas teñan validez deben contar cun número mínimo de xuíces, de tal xeito que ela como xuíz internacional podería, xunto a outros xuíces, dar validez a esas probas para que os atletas conten cunhas marcas oficiais a efectos de ránking, tal e como explican dende a Federación Galega de Atletismo.

 

 

O nivel prata sería para actuar no ámbito europeo e o ouro a nivel mundial (xogos olímpicos ou campionatos do mundo).

Fotos: Federación Galega de Atletismo.

 

Back to top button