OurenseÚltima hora

A Xunta entrega a Protección Civil de Castrelo de Miño unha moto acuática

 

O director xeral de Emerxencias e Interior, Santiago Villanueva, acompañado do delegado territorial da Xunta en Ourense, Gabriel Alén, e do alcalde de Castrelo de Miño, Avelino Pazos, fixo entrega esta mañá dunha moto acuática á Agrupación de Voluntarios de Protección Civil (AVPC) deste municipio para reforzar o seu equipamento.

“A Xunta leva destinados máis de 109.600 euros a o funcionamento desta agrupación, dos que máis de 90.500 euros se corresponden coa entrega de material de emerxencias como unha embarcación, un remolque de emerxencias, un vehículo pick-up, un desfibrilador, unha pértega e un traxe para intervencións en niños de vespa velutina, terminais tetra con GPS e a moto acuática entregada hoxe e dotado con case 18.000 euros”, segundo informa a administración galega.

 

Artigos relacionados

Back to top button