ConcellosÚltima hora

A Xunta recibe 4 ofertas de empresas para mellorar o firme de 6 estradas, entre elas a OU-533

Intervirase no acondicionamento do firme en varios treitos das estradas OU-533, OU-602, OU-603, OU-622, OU-636 e OU-933, que discorren polos concellos do Bolo, Petín, Larouco, A Rúa, O Barco, Rubiá, Pobra de Trives, ademais de polo municipio lucense de Quiroga

 

A Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas vén de recibir catro ofertas de empresas para executar as obras de mellora do firme en 6 estradas autonómicas ao seu paso por 7 concellos da provincia de Ourense.

Esta intervención, licitada por un investimento de 3.015.517 euros, permitirá a rehabilitación do firme en varios treitos das estradas autonómicas OU-533, OU-602, OU-603, OU-622, OU-636 e OU-933, que discorren polos concellos do Bolo, Petín, Larouco, A Rúa, O Barco, Rubiá, Pobra de Trives. No caso de OU-636 se intervirá no municipio lucense de Quiroga.

A previsión do departamento de Infraestruturas da Xunta é executar as obras de acondicionamento nestas estradas no vindeiro 2025. Os traballos contan cun prazo de execución previsto de 4 meses.

Os traballos consistirán en realizar fresados localizados nos treitos de actuación e na reposición con mestura bituminosa en quente, segundo as necesidades concretas das vías obxecto destas intervencións.

As actuacións completaranse co pintado da sinalización horizontal dos treitos de actuación de todas as estradas e a reposición dos treitos de barreira de seguridade que sexa preciso.

O departamento que dirixe María M. Allegue mantén o seu compromiso coa seguridade viaria e a conservación das estradas, ámbitos para os que os Orzamentos de 2025 recollen partidas que suman máis de 68M€, un 30% máis que este ano.

Plano de localizacións cos treitos obxecto das actuacións obxecto deste contrato:

Fonte: Xunta de Galicia.
Back to top button