
O Club Peña Trevinca Barco vén de anunciar que o vindeiro venres 11 de xullo organizará, coa colaboración do Concello do Barco de Valdeorras, a XVI Andaina “Os Mouchos 2025”.
“Será unha Andaina sinxela, familiar e fresca. Partiremos da porta do Concello do Barco.
Empezarémonos a reunir ás 22:30 horas, estando prevista a saída ás 23:00 h.”, adiantan dende o club.
Será unha andaina ao redor de 10 km, con desnivel mínimo, non 0, “xa que pola contra non veriamos as luces da nosa localidade desde unha perspectiva bonita”, indica a organización, que aconsella levar
“algún chaleco reflector, frontal ou lanterna, e unhas zapatillas que nos transporten desde o punto de saída ao de chegada” e tamén que cada un leve “a súa botella, cantimplora, vaso para beber auga. Non se darán botellas de auga”.
As persoas interesadas poden inscribirse na seguinte ligazón https://acortar.link/klWyWO
As inscricións estarán abertas ata o xoves 10 de Julio ás 23:59h.