ConcellosÚltima horaViana do Bolo

A XVI Festa da Vendima de Punxeiro (Viana do Bolo), en imaxes

 

A ritmo de charangas cobraba vida na tardiña do 12 de outubro a XVI Festa da Vendima de Punxeiro (Viana do Bolo). A praza da localidade era o punto de partida desta singular celebración na que se volca a veciñanza desta aldea e que reunía este ano a unhas 1.300 persoas, segundo os datos da organización.

 

 

Esta ruta festiva, na que a comisión organizadora daba a benvida dos visitantes xusto antes do inicio, permitía desfrutar de viños (brancos e tintos) e dunha variada gama de petiscos en ata 15 adegas abertas polos veciños. E todo iso ao son de tres charangas Nova de Trives, Sorcha e BBB.

Despois, a festa continuaba ata ben entrada a madrugada ao ritmo da orquestra La Ocaband e La Banda de Ayer.

 

 

A organización contaba coa colaboración dos voluntarios de Protección Civil de Viana do Bolo, Manzaneda, O Bolo e A Gudiña, que organizaban a circulación do tráfico na localidade e velaban pola seguridade.

 

 

Esta que rende homenaxe ao viño novo e que reúne a numerosas persoas de diferentes puntos da comarca, pero tamén doutras zonas de Galicia e mesmo doutras comunidades, está promovida pola Comisión de festas de Punxeiro coa colaboración do Centro de Animación da localidade, así como co apoio doutras entidades como o Cocenllo de Viana do Bolo.

Fotos e vídeo: O SIL.

Back to top button