A RúaConcellosÚltima hora

A XVII Cea Popular abrirá, o venres 12 de xuño, as Festas de San Antón en Fontei (A Rúa)

Asistentes á anterior edición da cea./ Foto: Mónica G. Bellver.

 

A veciñanza de Fontei, na Rúa, celebrá do 12 ao 14 de xuño ás festas na honra de San Antón 2026. Os festexos arrancarán este venres día 12 coa celebración da XVII Cea Popular, programada para as 22 horas cun menú  25 euros composto por entremeses ibéricos e empanada, costela de tenreira con patacas e ensalada, postre, viño, café e licores (o prazo para mercar as entradas remata hoxe).A música da primeira noite correrá a cargo da Macro Disco Móvil Impacto.

O sábado 13, día central, concentrará os actos relixiosos e un dos pratos fortes musicais da fin de semana. Pola mañá haberá pasarrúas da charanga Nova Trives, formación que tamén amenizará a sesión vermú posterior á procesión e misa na honra de San Antón, ás 12:30 horas. Pola tarde, continúa a festa coa Orquestra Saudade cun pase de tarde as partir das 21 horas e tamén verbena. Durante a festa do sábado realizarase o esperado sorteo dun premio de 500 € en metálico.

O broche ás festas chegará o domingo día 14. A actividade musical arrincará cara ás 13:30 horas coa última sesión vermú a cargo da orquestra Pontevedra que porá tamén son á tarde-noite.

Máis información na edición en papel do Periódico O Sil.

 

 

Back to top button