EconomíaEconomíaÚltima horaViticultura

A XXII Festa das Covas de Vilamartín busca cartel promocional

A Asociación de Coveiros vén de convocar un concurso de carteis cuxo prazo límite para presentar traballos rematará o 30 de xuño
Público enchendo a rúa do Cano nunha edición anterior da Festa das Covas de Vilamartín./ Foto: Carlos G. Hervella.

Por segundo ano consecutivo, a organización da Festa das Covas de Vilamartín vén de convocar un concurso para escoller o cartel promocional do que será a súa 22ª edición. “Admítese calquera proposta, valorándose especialmente as que recollan a esencia da celebración”, din dende a Asociación de Coveiros de Vilamartín, a promotora deste evento.

O prazo límite para presentar traballos ao messenger da páxina de Facebook, ao enderezo electrónico feasferrer@gmail.com ou ao WhatsApp 666763147 é o 30 de xuño. “Se os presentades por medios electrónicos confirmade que vos contestemos para ter constancia da recepción. Tamén se lle poden presentar a calquera compoñente da xunta directiva”, matizan os organizadores.

O cartel ganador terá como premio dúas entradas para a XXII Festa das Covas, unha cea no Hotel Restaurante A Calzada de Arcos e unha noite de hotel no Paladium.

Artigos relacionados

Back to top button