CulturaCulturaMúsicaÚltima hora

Conta atrás para a 9ª edición do SilFest Valdeorras

Será do 3 ao 5 de xullo no Barco

 

Os próximos días 3, 4 e 5 de xullo Valdeorras volverá ser protagonista grazas a un dos xa clásicos eventos do verán en Galicia. O SilFest segue madurando, consolidado xa como alternativa aos grandes festivais. “Non queremos ser como os demais. Iso témolo claro. O SilFest é experiencia”, aseguran dende a organización que presenta o cartel por días.

 

 

“Nas próximas semanas desvelaremos a programación completa do festival que, como sempre, será en grao sumo variada con: cinema, catas de viño, showcooking, MiniSilFest, aventura, e moito máis…”, din dende SilFest que vén de estrear web con toda a información sobre el festival, artistas, actividades, patrocinadores e mesmo información útil sobre Valdeorras.

As entradas xa están á venda na propia web do e en Ton y Son, no Barco
◼️Abono xeral a partir de 13 anos: 46€ (+gastos de xestión)
◼️Abono MiniSilfest (de 3 a 12 anos): 12€ (+gastos de xestión)
◼️Entrada vernes: 32€ (+gastos de xestión)
◼️Entrada sábado: 32€ (+gastos de xestión)
◼️De 0 a 3 anos: gratis

A acampada é gratuíta pero haberá que sacar una entrada a 0€ na web para reservar praza.

Artigos relacionados

Back to top button