EconomíaEconomíaÚltima horaViticultura

A XXXVIII Feira do Viño de Quiroga será os días 11 e 12 de abril

Ademais dos adegueiros artesáns, nesta edición, como novidade, tamén participarán adegueiros industriais da subzona Quiroga-Bibei

Imaxe da pasada edición da Feira do Viño de Quiroga./ Foto: Carlos G. Hervella.

 

Xa está en marcha a engranaxe da organización da trixésima oitava edición da Feira do Viño de Quiroga, que terá lugar na fin de semana do 11 e 12 de abril. A súa comisión organizadora, presidida polo alcalde quirogués, Julio Álvarez Núñez, vén de reunirse e nela acordábase crear as distintas subcomisións para ir perfilando os distintos actos do programa do evento.

Este ano, como novidade importante, xunto cos adegueiros artesáns participaran adegueiros industriais pertencentes a subzona Quiroga-Bibei.

O seguinte paso será a recollida das mostras dos viños para envialas ao laboratorio e realizar a súa análise organoléptica. Posteriormente procederase a cata dos viños inscritos nesta edición por parte da comisión de cata formada polos 23 confrades da confraría do Viño de Quiroga.

 

Artigos relacionados

Back to top button