ConcellosÚltima hora

Aberta por completo ao tráfico a estrada OU-533 entre As Ermitas e Cambela (O Bolo)

 

Pouco antes das 23h. deste 20 de xaneiro quedaba aberta por completo ao tráfico a estrada OU-533 no tramo entre As Ermitas e Cambela, no concello do Bolo, no que esta tarde se producía un gran despredemento de pedras sobre a calzada. No intre de escribir estas liñas no lugar aínda permanecía o persoal de Conservación da Estradas, pero o vial xa estaba limpo para poder circular.

 

Artigos relacionados

Back to top button