O Concello de Vilamartín de Valdeorras en colaboración co Club Adas Cupa do Barco e coa Delegación da Federación Galega de Atletismo en Valdeorras organizará o vindeiro 24 de agosto a I Andaina Memoria Luis Nogueira, que rende homenaxe a este atleta, falecido no 2021 e que foi en varias ocasións campión do mundo máster en lanzamento de xavelina. A andaina, con saída ás 9:30h., terá un percorrido duns 9 kms e seguirá a ruda da “Loba da fada”
As inscricións para poder participar estarán abertas ata o vindeiro 21 de agosto ás 23:59h. e poden realizarse en https://www.carreirasgalegas.com/events/i-andaina-memorial-luis-nogueira/Q2jW5Mm6
O prezo das inscricións é de 8 euros, se ben para os menores de 16 anos a inscrición é de balde. A recollida de dorsais realizarase na mesa habilitada para tal fin no Pavillón de Vilamartin no Bañadoiro, 24 de Aagosto dende as 8:00 e ata 30 minutos antes do comezo da andaina.
