Andainas-Trails-OrientaciónDeportesÚltima hora

Abertas as inscricións para a II Andaina A Rúa “Serra do Cereixido” que se celebrará o 4 de outubro

Andarines na I edición da proba celebrada no 2024./ Foto: Carlos G. Hervella.

 

Limitadas a 300 persoas e ata o 30 de setembro estarán abertas as inscricións para a II Andaina A Rúa “Serra do Cereixido” que se celebrará polos montes rueses o 4 de outubro, logo de cancelarse o ano pasado tras os incendios que en agosto queimaban a zona pola que ía pasar a proba, moi dura, con grandes desniveis e atravesando o monte, pero tamén moi fermosa con espectaculares vistas sobre o val.

Organizada polo Club Atletismo Rúa coa colaboración do Concello, a andaina forma parte da Liga Galega de Andainas da Federación Galega de Montañismo e contará con dúas distancias: unha de 15 km que sairá ás 9 horas a e outra de 17 km que sairá ás 9:30 horas, ambas coma sempre dende a praza Enriqueta Casanova de Fontei.

 

 

Na Liga Galega de Andainas unicamente computa a participación, polo que os andarins federados que rematen a proba na que estén inscritos dentro dos tempos establecidos sumarán os quilómetros realizados nesta proba. Na web da federación galega publicarase o longo da semana seguinte a celebración da proba a listaxe de federados que teñen rematando a proba.

Haberá clasificación individual masculina e femenina e tamén de regularidade. A proba de 25 km. conta cun tempo mínimo de 4 horas, en un tempo máximo de 6 horas e media, por debaixo deste tempo será penalizado coa desclasificación.

Máis información e inscrición na web de Sportmaniacs.

 

Back to top button