Entre os días 27 e 31 de xullo celebrarase o II Campus de Fútbol Mixto Verín CF, unha actividade deportiva destinada a nenos e nenas que se desenvolverá no estadio José Arjiz de Verín, en horario e 9:30 a 13:30 horas.

Organizado polo Verín CF o campus contará coa colaboración de Ociosaugal e ten como principal obxectivo “promover o deporte base, os hábitos saudables, a convivencia e os valores do fútbol entre os máis pequenos durante o verán”, aseguran dende o club, adiantando que ao longo da semana, os participantes poderán desfrutar de adestramentos, xogos e diferentes actividades deportivas nun ambiente dinámico e formativo, acompañados por monitores cualificados.
Desde o Verín CF destacan a importancia de “continuar impulsando iniciativas deportivas para a mocidade da comarca, consolidando este campus como unha cita de referencia do verán para os rapaces e rapazas amantes do fútbol”.
A inscrición inclúe equipación Nike e balón Adidas de regalo; e as prazas serán limitadas. Toda a información sobre o campus, incluído o proceso de inscrición, pode consultarse no seguinte enlace: https://ociosaugal.es/formulario-v-verin/