Dous días despois do multitudinario xantar no pavillón de Calabagueiros comeza a promoción da Festa do Botelo do Barco en Coruña, abríndose o prazo de reserva para asistir ao xantar da X edición que se celebrará o sábado 8 de febreiro no Hotel Finisterre desta cidade, organizada en colaboración co Concello do Barco, incluíndo un Túnel do Viño dirixido por expertos sumillers do equipo de Luis Paadín, no que colabora o Consello Regulador da Denominación de Orixe Valdeorras.
O menú do xantar está composto por empanada de maravallas e sopa de cocido, como entrantes, para seguir logo co prato principal composto de botelo, chourizos, cachelos e repolo. Como sobremesa, bica. Todo, servido con vinos godello e mencía de Valdeorras, e rematado con café e selección de licores de Valdeorras.
As actividades comezarán ás 13 horas, coa entrega de acreditacións e inicio do Túnel do Viño, no que se presentarán referencias de viños das máis de 30 viños da Denominación de Orixe Valdeorras. Ás 14 horas comezará a entrada ao comedor, co fin de que o xantar se sirva desde as 14:30 horas. A partir das 16:45 horas haberá música en directo no propio restaurante.
O prezo establecido para esta edición da Festa do Botelo do Barco na Coruña é de 55 euros por persoa, e as prazas están limitadas. As reservas deben realizarse mediante ingreso ou transferencia na Conta IBAN ES95 2080 0000 7230 4027 8346, da que é titular PAADIN EVENTOS S.L., ou facendo un BIZUM ao 606 738 242.
Para que a reserva poida formalizarse, deben indicarse os seguintes datos: nome e apelidos de quen fai a reserva, número de teléfono, e nome do grupo co que desexa compartir mesa. Para a retirada das entradas e acceso ao evento é obrigatorio presentar o xustificante do pago ou transferencia. Si se precisa de máis información, poden consultarse todas as dúbidas nos teléfonos 625 187 101 e 606 738 242.