EconomíaEconomíaÚltima horaViticultura

Ábrense as inscrición para os actos da Primavera de Portas Abertas das Rutas dos Viños de Galicia

A guía con toda a información está xa dispoñible na web de www.turismo.gal

Participantes nunha anterior edición da ‘Primavera de Portas Abertas’ da Ruta do Viño de Valadeorras./ Foto: Carlos G. Hervella.

 

Desde este mediodía, as persoas interesadas en asistir ás actividades que forman parte da Primavera de Portas Abertas das Rutas dos Viños de Galicia este 2025, organizada por Turismo de Galicia en colaboración coas cinco rutas, xa poden acceder ao espazo web con toda a programación. A través da web de Turismo de Galicia pódese consultar a programación preparada para estas xornadas e inscribirse nas actividades ás que se desexe asistir.

A Primavera de Portas Abertas das Rutas dos Viños de Galicia celébrase nas fins de semana do mes de maio para poñer en valor a cultura vitivinícola da comunidade, a través das rutas do viño de Monterrei, O Ribeiro, Rías Baixas, Ribeira Sacra e Valdeorras. Quérese impulsar así o enoturismo, ofertando un programa variado no que cabe destacar a implicación non só de adegas, senón tamén de establecementos de aloxamento e restauración. En concreto, esta edición participan 62 adegas, 21 aloxamentos e 9 restaurantes.

En relación ao programa, ademais das visitas guiadas gratuítas ás adegas haberá outras actividades coas que afondar no patrimonio natural, arquitectónico, cultural e musical, entre outros, do territorio. Serán arredor de 70 accións distintas, contando cos Buses do Viño, que permiten o desprazamento desde as principais localidades de Galicia e Ponferrada. A guía da programación, así como o mapa de localización dos participantes, está dispoñible para consulta e descarga na web desta experiencia turística.

Back to top button