Andainas-Trails-OrientaciónDeportesÚltima hora

Ábrense as inscricións para o VI Night Trail de Quiroga

Esta carreira nocturna celebrarase o 8 de xullo e terá dúas distancias 10 km e 20 km

 

Quiroga recupera a Night Trail. O sábado 8 de xullo é a data escollida para levar a cabo a VI esta cita deportiva nocturna. A carreira e andaina nocturna que se comezou no 2016 volve contar nesta nova edición con dúas distancias: unha de 10 km e outra de 20 km.

Os interesados en participar poden realizar as inscricións na web Galitiming, ou a través da área de deportes do Concello de Quiroga.

Os atletas menores de 18 anos que queiran participar nesta carreira andaina que terá a súa saída ás dez e media da noite dende a praza de España, precisan autorización ou acompañamento dos país ou titores.

Artigos relacionados

Back to top button