CulturaCulturaÚltima hora

Ábrense as inscricións para participar como acompañantes na Cabalgata de Reis do Barco

Foto: A.R.

Hoxe vén de abrirse a inscrición para participar como acompañantes e paxes na Cabalgata de Reis, que percorrerá as rúas do Barco na tarde do 5 de xaneiro. As inscricións deberán realizarse na oficina de Cultura situada no Teatro Lauro Olmo, ben presencialmente ou por teléfono (988320053), ou por correo electrónico no mail cultura@concellodobarco.org

Cada Rei Mago estará acompañado nas carrozas por dez nenos de 4 a 11 anos, e por outros seis de a partir de 12 anos, estes últimos para actuar como paxes e carteiros/as. Ademais, outras seis persoas, neste caso adultas, acompañarán a cada rei como gardas reais.

Os interesados poderán inscribirse para acompañar ao Rei Mago que prefiran, e, ademais das prazas establecidas, haberá tamén unha lista de agarda para cubrir posibles renuncias ou baixas. O prazo de inscrición remata o día 2 de xaneiro, e, dada a demanda existente, as prazas adxudicaranse por rigoroso orde de entrada.

Back to top button