ConcellosO BarcoÚltima hora

Ábrese ao público o parque infantil do Malecón do Barco, que vén de ampliarse

 

Esta mañá o Concello do Barco recibía a obra de ampliación do Parque Infantil do Malecón. “Unha vez cumprido este trámite, procedeuse á apertura da nova instalación, que xa pode ser utilizado polos nenos e nenas”, tal e como informan dende esta administración local.

Os novos elementos instalados neste espazo lúdico inclúen tubos, tobogáns e diferentes xogos. O chan está acolchado, como o que xa está instalado nas inmediacións.

Ademais, na mesma zona instalouse unha tirolina de 22 metros de longo para completar estas instalacións infantís.

Back to top button