ConcellosQuirogaÚltima hora

Ábrese o prazo para participar como colleiteiro na XXIII Mostra do Aceite de Quiroga

Imaxe dun dos postos de aceite da pasada edición da Mostra de Quiroga, en Bendilló./ Foto: Carlos G. Hervella.

 

Dende este martes, 11 de abril, ao o vindeiro 17 de abril (incluído) estará aberto o prazo para que os produtores de aceite interesados poidan inscribirse para participar na XXIII Mostra do Aceite de Quiroga, que se celebrará o vindeiro 14 de maio en Bendilló.

“As condicións para poder participar, tendo en conta que o número de colleiteiros será limitado a 6, son as seguintes: contar con rexistro sanitario vixente, ter unha colleita mínima de 200 litros de aceite”, tal e como sinala no bando municipal o alcalde de Quiroga, Julio Álvarez.

Ademais, matiza que “a selección dos participantes farase por orde de inscrición nas oficinas municipais, por rexistro de entrada”. Así mesmo, no intre de formalizar a inscrición no Concello será preciso presentar “unha mostra de 1 litro de aceite en envase de cristal para posibles catas a realizar”.

Artigos relacionados

Back to top button