Contra as seis da tarde deste 25 de maio producíase un accidente na estrada OU-536 no km 4, en Trives, nas proximidades da Ponte Cabalar. Unha moto saíse da vía, resultando ferido o seu condutor. Ata o lugar desprazábanse de inmediato os efectivos do 061-Urxencias Sanitarias e de Protección Civil. Finalmente, o ferido marchaba polos seus propios medios a Ourense, de onde é natural o motorista.