
Arredor das 17h. deste xoves 7 de novembro producíase un accidente de tráfico na estrada N-120, no termo municipal da Rúa. Un vehículo saíase da vía entre o quilómetro 470 e 471 da citada estrada. Era un particular o que alertaba ao 112 Galicia, avisando de que había un vehículo accidentado nese punto e que había unha persoa no seu interior.
De contado, o 112 Galicia avisaba á Policía Local da Rúa, aos voluntarios de Protección Civil da Rúa, ao GES Valdeorras, aos bombeiros do parque comarcal, ao 061-Urxencias Sanitarias e a Garda Civil de Tráfico.
Os bombeiros procedían a liberar do interior vehículo ao ocupante do mesmo e informaban de que non necesitaba asistencia sanitaria, tal e como informa o 112 Galicia.