CarballedaConcellosÚltima hora

Accidente de tráfico na N-536 ao seu paso polo concello de Carballeda de Valdeorras

 

Arredor das 19:11h. desta tarde de 9 maio producíase un accidente de tráfico na estrada N-536, nas proximidades da Central de Sobradelo (Carballeda de Valdeorras). Tal como indican dende o 112 Galicia “un vehículo saíase da estrada dando varias voltas de campá, resultando ferida unha persoa, única ocupante do coche”.

Ata o lugar do sinistro desprazábanse de inmediato tres ambulancias do 061-Urxencias Sanitarias, o GES Valdeorras, os Bombeiros do parque comarcal e a Garda Civil de Tráfico. Segundo a información facilitada polos bombeiros “a persoa ferida era atendida polo persoal sanitario e non precisaba excarceración, saíndo do coche polos seus propios medios. Nun primeiro momento detectaban que estaba aturdida”.

 

Artigos relacionados

Back to top button