OurenseÚltima hora

Accidente de tráfico na OU-0508, en Nogueira de Ramuín

 

Na mañá deste xoves 6 de marzo producíase un accidente de tráfico, pasadas as 10:30h., na estrada OU-0508, no km 10.3 (no termo municipal de Nogueira de Ramuin e xudicial de Ourense). Un vehículo saíase da vía pola marxe dereita, conducido por unha muller de 80 anos.

Foi preciso retirar unha porta do turismo e empregar o material de excarceración para que a vítima puidese saír. Logo, sería atendida na ambulancia das urxencias sanitarias e evacuada ao Complexo Hospitalario Universitario de Ourense.

Ata o lugar do sinistro desprazábase unha patrulla da Garda Civil de Tráfico e Urxencias Sanitarias-061, así como os Bombeiros de San Cibrao das Viñas para liberar e socorrer á persoa. Tamén se avisou ao GES de Pereiro de Aguiar e á Agrupación de Voluntarios de Protección Civil de Nogueira de Ramuín.

Back to top button