Rozando as once e media desta mañá de 26 de xuño producíase un accidente de tráfico na vila de Trives. Un vehículo que circulaba pola rúa Germán Ancochea colisionaba contra outro que estaba aparcado, resultando ferido o seu condutor.
De inmediato, desprazábase ao lugar do sinistro o 061-Urxencias Sanitarias, que trasladaba á persoa ferida ata o Centro de Saúde para recibir atención sanitaria. Segundo as primeiras informacións, o condutor do vehículo puido sufrir un mareo. Tamén se achegaban despois ata o lugar os voluntarios de Protección Civil. Finalmente o ferido foi traslado en ambulancia ao Hospital Público de Valdeorras.
Fotos cedidas.