ConcellosO BoloÚltima hora

Accidente dun camión na OU-533, nas proximidades do desvío de Chandoiro (O Bolo)

 

Arredor das cinco e media desta tarde producíase un accidente de tráfico na estrada OU-533 (A Rúa-A Gudiña) nas proximidades do desvío de Chandoiro (O Bolo). Un camión con matrícula portuguesa saíase da vía no carril de subida, sen que se producisen feridos.

Ata o lugar do suceso desprazábanse de inmediato os voluntarios de Protección Civil do Bolo, a Garda Civil de Tráfico e o servizo de mantemento de estradas. Nestes intres un carril da OU-533 está cortado e estase á espera da chegada dunha grúa de grandes dimensións para poder proceder a retirar o camión sinistrado.

Fotos: PC O Bolo.

Artigos relacionados

Back to top button