ConcellosÚltima hora

Acéndense as fogueiras da Festa do Chourizo de Vilanova (Trives)

 

Dende primeira hora desta tarde de sábado 1 de febreiro comezaban os preparativos da Festa do Chourizo de Vilanova (A Pobra de Trives). Os diferentes grupos de amigos e familiares montaban as tendas, preparaban as fogueiras no souto e logo acendíanas, dando así comezo a esta popular celebración.

En cada unha delas iranse asando, a medida que avance a tarde e mesmo a noite, os chourizos ao espeto que dan nome a esta festa gastronómica con anos de historia e que se celebra a carón do lume, acompañando este embutido con viño e licores caseiros. O apartado musical, a partires das oito e media da tarde, correrá por conta da orquestra Chastton Show.

Fotos cedidas.

Artigos relacionados

Back to top button