CulturaCulturaEducaciónÚltima horaVídeos

A ANPA do Colexio Divina Pastora do Barco celebra o fin de curso cunha gran festa para os socios no Chao

 

Catro inchábeis súper grandes, un touro mecánico, festa da escuma, merenda e moita música. Por todo o alto celebran o fin de curso dende a ANPA do Colexio Divina Pastora do Barco de Valdeorras, cunha gran festa no Chao para os socios, á que non lle falta detalle.

 

 

Dende as seis e ata as nove da tarde deste martes 10 de xuño, os cativos desfrutan da celebración, xogando, brincando e tamén merendando. “Temos crepes, gofres, comida para celiacos e bebidas variadas, para as nenas e nenos do ANPA”, explican dende a Asociación de Nais e Pais, destacando que é unha actividade “gratuíta para os asociados, unhas 200 familias” que tamén conta coa animación musical.

Tal como indica o presidente da ANPA, levan anos celebrando a festa pero é o segundo que o fan no entorno natural do Chao. “Antes facíase no pavillón do colexio pero non hai punto de comparación”.

 

 

Fotos e vídeo: Mónica G. Bellver.

Artigos relacionados

Back to top button